Sony Xperia E4 Dual - Navegar entre aplicacións

background image

Navegar entre aplicacións

Pode navegar entre aplicacións coas teclas de navegación, a barra de favoritos e a

ventá de aplicacións usadas recentemente, que lle permite alternar facilmente entre

todas as aplicacións usadas recentemente. Algunhas aplicacións péchanse ao premer

para saír, mentres que outras aplicacións están en pausa ou continúan a executarse

nun segundo plano. Se a aplicación está en pausa ou se está a executar en segundo

plano, a próxima vez que abra a aplicación poderá seguir onde a deixou.

1

Ventá de aplicacións usadas recentemente: abrir unha aplicación usada recentemente

2

Barra de favoritos: usar un acceso directo para acceder a aplicacións ou widgets

3

Tecla de navegación Tarefa: abrir a ventá de aplicacións usadas recentemente e a barra de favoritos

4

Tecla de navegación Inicio: saír dunha aplicación e volver á pantalla de inicio

5

Tecla de navegación Atrás: volver á pantalla anterior dentro dunha aplicación ou pechar a aplicación

Para abrir a ventá de aplicacións usadas recentemente

Prema .

Para pechar todas as aplicacións usadas recentemente

Pulse e despois pulse

Pechar todo.

17

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para abrir un menú nunha aplicación

Mentres utilice a aplicación, prema .

Un menú non está dispoñible en todas as aplicacións.