Tecnoloxía sen fíos Bluetooth®
Use a función Bluetooth® para enviar ficheiros a outros dispositivos Bluetooth®
compatibles, ou para conectarse a accesorios mans libres.As conexións Bluetooth®
funcionan mellor a unha distancia de 10 metros, sen presenza de obxectos sólidos.
Nalgúns casos cómpre asociar manualmente o dispositivo con outros dispositivos
Bluetooth®.
A interoperabilidade e compatibilidade entre dispositivos Bluetooth® pode variar.
Activar a función Bluetooth
®
e facer que o dispositivo sexa visible
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración.
3
Pulse o botón acender-apagar situado a carón de
Bluetooth para activar a
función Bluetooth
®
.
4
Pulse
Bluetooth. Aparece o dispositivo e unha lista de dispositivos Bluetooth
®
dispoñibles.
5
Pulse o nome do seu dispositivo para que poidan velo outros dispositivos
Bluetooth
®
.
Para axustar o tempo que o dispositivo permanece visible para outros dispositivos
Bluetooth®
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Bluetooth.
3
Prema e seleccione
Temp. de esp. de visibilid..
4
Seleccione unha opción.
Darlle un nome ao dispositivo
Pode darlle un nome ao seu dispositivo. Este nome se amosa a outros dispositivos
cando active a función Bluetooth
®
e o seu dispositivo estea axustado en modo visible.
104
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Poñerlle un nome ao dispositivo
1
Asegúrese de que a función Bluetooth
®
estea activada.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Axustes > Bluetooth.
4
Pulse e seleccione
Renomear teléfono.
5
Introduza un nome para o dispositivo.
6
Pulse
Renomear.
Asociación con outro dispositivo Bluetooth
®
Ao asociar o dispositivo con outro dispositivo pode, por exemplo, conectar o dispositivo
a un mans libres Bluetooth
®
ou a un kit para vehículos Bluetooth
®
e usar estes outros
dispositivos para compartir música.
Unha vez asociado o dispositivo con outro dispositivo Bluetooth
®
, o seu dispositivo
lembra esta asociación. É posible que deba inserir un código de acceso ao asociar o
seu dispositivo cun dispositivo Bluetooth
®
. O dispositivo tentará usar automaticamente o
código de acceso xenérico 0000. Se isto non funciona, consulte a guía do usuario do
seu dispositivo Bluetooth
®
para obter o código de acceso do dispositivo. Non será
preciso que volva inserir o código de acceso a vindeira ocasión que se conecte a un
dispositivo Bluetooth
®
asociado anteriormente.
Algúns dispositivos Bluetooth
®
como, por exemplo, a maioría dos mans libres Bluetooth
®
,
requiren que asocie e conecte os dispositivos.
Pode asociar o dispositivo con varios dispositivos Bluetooth
®
, pero só se poderá conectar cun
perfil Bluetooth
®
cada vez.
Para asociar o seu dispositivo a outro dispositivo Bluetooth
®
1
Asegúrese de que o dispositivo co que desexa asociarse ten activada a función
Bluetooth
®
e de que é visible para outros dispositivos Bluetooth
®
.
2
Desde a Pantalla de inicio do seu dispositivo, pulse .
3
Localice e pulse
Axustes > Bluetooth .
4
Arrastre o control desprazable situado xunto ao
Bluetooth para activar a función
Bluetooth
®
. A´parecerá unha lista con todos os dispositivos Bluetooth
®
dispoñibles.
5
Pulse o dispositivo Bluetooth
®
co que desexa asociarse.
6
Introduza un código de acceso se se lle solicita ou confirme o mesmo código de
acceso nos dous dispositivos.
Conectar o dispositivo a outro dispositivo Bluetooth
®
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Bluetooth.
3
Pulse o dispositivo Bluetooth
®
ao que desexa conectarse.
Terminar a asociación cun dispositivo Bluetooth
®
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Bluetooth.
3
En
Dispositivos asociados pulse a carón do nome do dispositivo cuxa
asociación quere terminar.
4
Pulse
Desemparellar.
Enviar e recibir elementos usando a tecnoloxía Bluetooth
®
Use a tecnoloxía Bluetooth
®
para compartir elementos con outros dispositivos
Bluetooth
®
compatibles como teléfonos ou ordenadores. Pode enviar e recibir os
seguintes tipos de elementos:
•
Fotos e vídeos
105
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
•
Música e outros ficheiros de audio
•
Páxinas web
Para enviar elementos usando Bluetooth™
1
Dispositivo receptor:Asegúrese de que o dispositivo Bluetooth™ ao que desexa
enviar o elemento ten activada a función Bluetooth™ e de que é visible para
outros dispositivos Bluetooth™.
2
No dispositivo emisor, abra a aplicación que contén o elemento que quere enviar
e desprácese ata el.
3
Dependendo da aplicación e do elemento que desexe enviar, é posible que teña,
por exemplo, que tocar e manter o elemento, abrir o elemento ou premer . É
posible que existan outros xeitos de enviar un elemento.
4
Selecciona un elemento do menú compartir ou enviar.
5
No menú que aparece, seleccione
Bluetooth.
6
Active a función Bluetooth™, se se lle solicita que o faga.
7
Pulse o nome do dispositivo receptor.
8
Dispositivo receptor: Se se lle pregunta, acepte a conexión.
9
Se se lle pide, insira o mesmo código de acceso en ámbolos dous dispositivos,
ou confirme o código de acceso suxerido.
10
Dispositivo receptor: Acepte o elemento entrante. Se é necesario, arrastre a barra
de estado cara abaixo para localizar a notificación.
Para recibir elementos usando Bluetooth
®
1
Asegúrese de que a función Bluetooth
®
estea activada e que sexa visible para
outros dispositivos Bluetooth
®
.
2
O dispositivo emisor comezará a enviar datos ao seu dispositivo.
3
Se se lle solicita, introduza o mesmo contrasinal nos dous dispositivos ou
confirme o contrasinal suxerido.
4
Cando vexa un aviso dun ficheiro entrante no dispositivo, arrastre a barra de
estado cara abaixo e pulse o aviso para aceptar a transferencia do ficheiro.
5
Pulse
Aceptar para iniciar a transferencia do ficheiro.
6
Para ver o progreso da transferencia, arrastre a barra de estado cara abaixo.
7
Para abrir un elemento recibido, arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse o
aviso correspondente.
Ver ficheiros recibidos mediante Bluetooth®
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Bluetooth.
3
Prema e seleccione
Amosar ficheiros recibidos.
106
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.